22 de octubre de 2012

Bases concurso de postres -SAMAÍN 2012-



-SAMAÍN 2012-
BASES CONCURSO DE POSTRES
31 de OUTUBRO 2012


1. PARTICIPACIÓN:
Poderán participar, todas as persoas, que ao finalizar o plazo de inscripción, teñan cumplidos os 18 anos.

2. INSCRIPCIONS:
Os participantes, deberán elexir unha receita dalgún postre de calquera orixen ou nacionalidade. Os participantes interesados, deberán anotarse para o concurso:
Na CANTINA do Local Social
Na SECRETARÍA do Local Social (1ºAndar)
-          Por email: asociacion@valdofragoso.org Asunto: Concurso Postres Samaín
Ata as 19:00hs do MARTES 30 de OUTUBRO do 2012
(Na solicitude farase constar o Nome e Apelidos do participante e un teléfono de contacto)

3. RECEPCIÓN DE PLATOS.
Os participantes deberán presentar os seus pratos na Cantina da Asociación Veciñal Val do Fragoso, o MÉRCORES 31 de OUTUBRO do 2012, entre as 19:00 e as 22:00hs.
O Postre, deberá levar unha tarxeta pegada a un palillo onde figure claramente o NOME do POSTRE (e un sobre pechado, co nome do participante, apelidos e teléfono)

4. XURADO
O Xurado estará composto por membros da Xunta Directiva, e da Organización da Asociación Veciñal.  O Xurado non poderá participar deste concurso.
O Xurado calificará os pratos en base a criterios de imparcialidade, obxetividade, e plena imparcialidade dos participantes. O fallo do Xurado será inapelable, e no caso de que proceda, poderase deixar deserto o/os premio/s.

5. VALORACIÓN E PUNTUACIÓN:
O Xurado deberá valorar catro campos de puntuación:
                            Elaboración.
                            Presentación
                            Orixinalidade
                            Sabor

6. ENTREGA DE PREMIOS:
O/Os premios, serán entregados o mesmo MÉRCORES 31 de OUTUBRO ao longo da celebración da Noite de Samaín e en calquera caso, antes das 00:00hs.

7. OUTRAS CONSIDERACIONS:
­ Prégase a maior puntualidade na entrega dos pratos.
­ Unha persoa, pode traer mais de un prato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario