Cómo Chegar:
C4A e 23: É o autobús mais directo, a parada está ao final da Avenida de Fragoso, fronte ao GADIS. Só hai que cruzar as rúas de Fragoso e Balaídos, e en dous minutos estás na Asociación.
8, C6, C7, 12B, 17, 20: Van pola Avenida de Castrelos, hai que baixarse nunha das derradeiras paradas fronte ao Parque de Castrelos (A parada está no Nº186 da Avenida de Castrelos), e camiñar ao longo das Rúas Alcalde Portanet ou Balaídos, ata chegar ao estadio. En 5 minutos chegaríase a Asociación.
C5A, 11, 22, 29: Van pola Avenida da Florida. A parada está diante dun FROIZ, case de inmediato despois de pasar o Hotel HESPERIA (que mais ou menos está a altura do Nº48 da Florida). Pódese baixar pola rúa Manuel de Castro, ou Eugenio Krapf (son paralelas, unha está a man dereita da parada, e outra a man esquerda, cruzando a rúa). Por calquera chégase ao Estadio de Balaídos, e alí está a nosa Asociación. Son 5 minutos dende a parada.
Para mais información dos autobuses, visita a páxina de Vitrasa.
Dispomos tamén dun amplo aparcamento propio, se queredes vir en coche

No hay comentarios:
Publicar un comentario